Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx. 20986

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (209/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 209/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Graciela Gabín Pereira contra a empresa Alejandro Reino Romero-Peluquería Péinate e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que estimando a demanda formulada por Graciela Gabín Pereira contra a empresa Alejandro Reino Romero-Peluquería Péinate, condeno a esta a aboarlle a cantidade de 1.647,96 euros, que lle debe en concepto de salarios e demais conceptos, incrementados en 164,80 euros por xuros moratorios.

O Fogasa deberase ater a esta resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro da Lei de xurisdición social e artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor recurso de suplicación por razón da materia ou contía, sen prexuízo do que poida caber polos motivos recollidos no artigo 191.3 b), d) ou e) da Lei reguladora da xurisdición social, no caso dos supostos previstos en tales preceptos, que deberá ser anunciado ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, na forma prevista no artigo 194 e concordantes da Lei reguladora da xurisdición social, e co cumprimento das obrigas de depósito, consignación ou aseguramento previstas nos artigos 229 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Alejandro Reino Romero-Peluquería Péinate, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de abril de 2014

O secretario xudicial