Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 9 de maio de 2014 Páx. 21175

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

EDICTO do 24 de abril de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución dun expediente de reclamación eléctrica.

Notifícaselle, de conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, á interesada a resolución do expediente de reclamación eléctrica que a continuación se relaciona no anexo, ao ser devolta polo servizo de Correos a notificación enviada no seu día.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao publicación deste anuncio. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, está resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

A persoa interesada poderá comparecer na xefatura territorial, situada na rúa Curros Enríquez, nº 1-4º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Ourense, 24 de abril de 2014

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

IN 635 A 2013/176-3.

Eva María Martínez Vázquez.

44447579-X.

Estrada da Granxa, 87-3º B. Ourense.