Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 9 de maio de 2014 Páx. 21146

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (393/2014).

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 393/2014.

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 548/2013 Xulgado do Social número 1 de Vigo.

Recorrente: Telefónica de España, S.A.U.

Recorrente: Telefónica Móviles España, S.A.

Avogada: María Marcela Pérez Crespo.

Recorrido: Yazmín Rodríguez Conde.

Avogado: Matías Movilla García.

Procurador: José Antonio Castro Bugallo.

Recorrido: Francisco de Asís Detrell Núñez.

Avogada: Cristina Catalán Hinrichs.

Recorrido: María Ángeles Mandado de Miranda e Canal Telemarketing, S.L.

Avogada: Andrea Varela Barcia.

Recorrido: Telemarketing Galicia, S.L, Telefonía Termatel, S.L, Silicon Val, S.L., Comunicaciones Eurotrónica, S.L, Blucom Redes y Comunicaciones, S.L., Guadatelefon, S.L.

Avogada: Silvia Isabel Hinrichs Álvarez.

Recorrido: Mobile Message Systems, S.A.

Recorrido: Fondo de Garantía Salarial.

EDICTO

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso de suplicación 393/2014 desta Sección, seguido por instancia de Yazmín Rodríguez Conde fronte ás entidades Telefónica de España, S.A.U., Telefónica Móviles España, S.A., Francisco de Asís Detrell Núñez, María Ángeles Mandado de Miranda, Canal Telemarketing, S.L., Telemarketing Galicia, S.L., Telefonía Termatel, S.L., Silicon Val, S.L., Comunicaciones Eurotrónica, S.L., Blucom Redes y Comunicaciones, S.L., Guadatelefon, S.L., Mobile Message Systems, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvemos que desestimando totalmente o recurso de suplicación interposto pola Telefónica de España, Sociedade Anónima Unipersonal e desestimando totalmente o recurso de suplicación interposto por Telefónica Móviles de España, Sociedad Anónima Unipersonal contra a sentenza do 15 de outubro de 2013 do Xulgado do Social número 1 de Vigo, ditada en xuízo seguido por instancia de Yazmín Rodríguez Conde contra, ademais das recorrentes, Francisco de Asís Detrell Núñez, María Ángeles Mandado de Miranda, a entidade mercantil Canal Telemárketing, Sociedad Limitada, a entidade mercantil Guadaletefon Sociedad Limitada, a entidade mercantil Telefonía Termatel, Sociedad Limitada, a entidade mercantil Bluecom Redes y Comunicaciones, Sociedad Limitada, a entidade mercantil Comunicaciones Eurotrónica, Sociedad Limitada, a entidade mercantil Telemárketing Galicia, Sociedad Limitada, a entidade mercantil Silicom Val, Sociedad Limitada e a entidade mercantil Mobile Message Systems, Sociedad Anónima, a Sala confírmaa integramente e, en legal consecuencia, condenamos as recorrentes á perda de depósitos, consignacións e aseguramentos, e ás custas da suplicación, cuantificando en 600 euros os honorarios do letrado da traballadora impugnante, que deberán aboar por metade cada unha das recorrentes.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta Sala no banco Banesto nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta Sala no banco Banesto nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Mobile Message Systems, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de abril de 2014

A secretaria xudicial