Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 9 de maio de 2014 Páx. 21149

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1882/2012).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso suplicación 1882/2012 seguido por instancia de Fogasa contra a empresa Construcciones y Viales Baltasar, S.L. (Covisar), Víctor Manuel Loureiro Pereiro da Gandra sobre Fondo Garantía Salarial, se ditou a seguinte resolución que, copiada nos particulares necesarios, di:

«Resolvemos:

Declárase a nulidade da sentenza do 7 de novembro de 2011, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Vigo, no procedemento 218/2011. Devólvanse os autos ao xulgado de procedencia para que, con absoluta liberdade de criterio, se proceda a ditar unha nova sentenza que se acomode totalmente ao que a lei dispón ao respecto.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta Sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta Sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

E para que así conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Construcciones y Viales Baltasar, S.L. (Covisar) actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido na R/ Pizarro, 47, 3º de Vigo, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que sexan auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 11 de abril de 2014

A secretaria xudicial