Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 14 de maio de 2014 Páx. 21810

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 22 de abril de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de acordos de procedencia de reintegro de axudas para o fomento da contratación indefinida dos parados de longa duración, reguladas na Orde do 30 de decembro de 2008 (Diario Oficial de Galicia número 11, do 16 de xaneiro de 2009), relativa ao expediente TR347I 2009/000012-1 e outro máis.

Intentada a notificación das ditas resolucións segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Estas resolucións poñen fin á via administrativa e contra elas os interesados poden interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Salvador de Madariaga, nº 9, 1º, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 22 de abril de 2014

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: TR347I 2009/000012-1.

Nome ou razón social: Como en casa, Casa de comidas, S.L.

Último enderezo coñecido: avenida de Ferrol, 40, baixo, 15930 Boiro, A Coruña.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os traballadores/as contratados/as
ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: artigo 15.5º da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR347I 2009/000076-1.

Nome ou razón social: Paola Medina Torres.

Último enderezo coñecido: rúa Martagona, 11, 15800 Melide, A Coruña.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os traballadores/as contratados/as
ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: artigo 15.5º da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.