Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 14 de maio de 2014 Páx. 21808

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 22 de abril de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fan públicas dúas resolucións do 10 de decembro de 2012 de non concesión de axuda ou subvención do programa para a promoción do emprego autónomo -axuda excepcional e subvención pola primeira contratación indefinida-, regulado na Orde do 30 de decembro de 2011 (Diario Oficial de Galicia número 14, do 20 de xaneiro de 2012), relativa aos expedientes TR341D 2012/790-2 e TR341D 2012/791-2.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle á interesada o contido da resolución que figuran como anexo para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber que pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, prazo que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpor recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, 70, baixo, Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 22 de abril de 2014

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR341D 2012/790-2.

Nome: Yolanda López Vázquez.

DNI/NIF: 38094231-K.

Último enderezo coñecido: rúa Chantada, 105, 5º E, 27400 Monforte de Lemos, Lugo.

Contido da resolución: non conceder a axuda ou subvención solicitada por incumprir o artigo 17.1.a) da orde reguladora da subvención.

Nº de expediente: TR341D 2012/791-2.

Nome: Yolanda López Vázquez.s

DNI/NIF: 38094231-K.

Último enderezo coñecido: rúa Chantada, 105, 5º E, 27400 Monforte de Lemos, Lugo.

Contido da resolución: non conceder a axuda ou subvención solicitada por incumprir o artigo 17.1.a) da orde reguladora da subvención.