Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 15 de maio de 2014 Páx. 21965

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dúas prazas de coordinador de enfermaría do nivel de Atención Primaria da dita xerencia.

Convocada por Resolución do 7 de febreiro de 2014 (DOG nº 41, do 28 de febreiro), a provisión de dous postos de coordinador de S.A.P., esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión de postos de xefatura e coordinación nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG nº 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de diversas prazas de coordinador de enfermaría do nivel de Atención Primaria da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, convocada por Resolución do 7 de febreiro de 2014 (DOG nº 41, do 28 de febreiro).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. Declarar deserta a convocatoria para a praza de coordinador de enfermaría do nivel de Atención Primaria, para o Servizo de Atención Primaria de Fingoi por non concorrer ningún aspirante á dita convocatoria.

Cuarto. O aspirante nomeado deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza de-sempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, e percibiranse os correspondentes haberes, de conformidade co que estableza a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, conforme a Lei 6/2001, do 29 de xuño (DOG núm. 135, do 12 de xullo) de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma Galega á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderá interpoñerse recurso de alzada perante o mesmo órgano que ditou o acto ou ante o competente para resolvelo que será a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992 citada.

Lugo, 30 de abril de 2014

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

ANEXO

Denominación do posto: coordinador de enfermaría do Servizo de Atención Primaria de San Roque.

Nome e apelidos: Juan Ramón Fernández Saavedra.

DNI: 33820726-P.