Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 15 de maio de 2014 Páx. 21967

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1396/2012).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1396/2012, seguido por instancia de Mutua Galega de Accidentes de Traballo sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Dedicimos: desestimamos o recurso de suplicación formulado polo letrado Pablo Torrado Oubiña, en nome e representación da Mutua Galega de Accidentes de Traballo, contra a sentenza do 15 de xullo de 2011, ditada polo Xulgado do Social número 2 da Coruña, no procedemento número 1.137/09, seguido contra Agustín López Zapata, o INSS, a TXSS, a empresa Limpiezas Saramar, S.L. e o Servizo Galego de Saúde, confirmando integramente e en todos os seus termos a expresada resolución.

Condenamos a parte recorrente ao aboamento de 600 euros en concepto de honorarios do letrado da parte impugnante.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que, contra esta, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que produzan os seus efectos legais e sirva de notificación á empresa Limpiezas Saramar, S.L., con último domicilio coñecido en estrada Circunvalación, 6, baixo, 15002 A Coruña, advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 11 de abril de 2014

A secretaria xudicial