Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 15 de maio de 2014 Páx. 21969

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (6044/2011).

Xulgado de orixe/autos: demanda 553/2010 Xulgado do Social número 3 de Lugo.

Recorrente: Reale Seguros Generales, S.A.

Avogado: José Manuel González-Novo Martínez.

Procurador: Luis Ángel Painceira Cortizo.

Recorridos: Telemática Obras y Montajes, S.L., Manuel López Martínez, María Nélida Azucena Guerreiro Fernández.

María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 6044/2011-CON desta sala, seguido por instancia de Reale Seguros Generales, S.A. contra a empresa Telemática Obras y Montajes, S.L. e outros sobre outros dereitos de Seguridade Social, ditouse a seguinte resolución:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da Compañía de Seguros Reale contra a sentenza de data 23 de setembro de 2011 ditada polo Xulgado do Social número 3 de Lugo nos presentes autos seguidos por instancia de Manuel López Martínez e María Nélida Azucena Guerreiro Fernández contra a compañía de seguros Reale Seguros Generales, S.A. e Telemática Bras y Montajes, S.L., debemos confirmar e confirmamos a sentenza de instancia. Condenamos a Compañía de Seguros Reale, S.A. ao pagamento da cantidade de 550 euros en concepto de honorarios do letrado impugnante do recurso.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para a unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala aberta en Banesto co nº 1552 debendo indicar no campo concepto, “Recurso” seguida do código “35 Social Casación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o código “35 Social Casación”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Telemática Obras y Montajes, S.L. coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 23 de abril de 2014

A secretaria xudicial