Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 15 de maio de 2014 Páx. 22027

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se anuncia licitación para a contratación do servizo de alimentación do Hospital Nicolás Peña mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria (AB-EIV1-14-009).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2) Domicilio: avenida das Camelias, nº 109.

3) Localidade e código postal: Vigo, 36211.

4) Teléfonos: 986 21 92 37/33.

5) Telefax: 986 21 91 50.

6) Correo electrónico: chuvi.contratacion.administrativa@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables agás sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB-EIV1-14-009.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de alimentación do Hospital Nicolás Peña.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: o que se especifique no prego de cláusulas administrativas.

e) Prazo de execución/entrega: o que se especifique no prego de cláusulas administrativas.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 55320000-6.

3. Tramitación, procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, se é o caso: oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os seguintes criterios:

Concepto

Puntuación

Oferta económica

60

Memoria de organización do servizo

35

Medios materiais

5

4. Valor estimado do contrato: 991.280,00 € (sen IVE).

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 495.640,00 €. IVE (10 %): 49.564,00 €. Importe total: 545.204,00 €.

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do importe de licitación, excluído IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: si, ver pregos de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver pregos de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite da presentación: as ofertas pódense presentar en man antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou en día inhábil na localidade da entidade adxudicadora, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral do Hospital Nicolás Peña.

2) Domicilio: avenida das Camelias, nº 109.

3) Localidade e código postal: Vigo, 36211.

4) Enderezo electrónico: chuvi.contratacion.administrativa@sergas.es

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: mesas de apertura dos sobres B e C.

b) Enderezo: sala de xuntas do Hospital Nicolás Peña, avenida das Camelias, nº 109.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36211.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do órgano de contratación.

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario. Importe máximo estimado: 1.000,00 €.

Vigo, 11 de abril de 2014

P.D. (Artigo 5 da Orde do 5 de xullo de 2012; DOG nº 139, do 20 de xullo)
Mario González González
Xerente de Xestión Integrada de Vigo