Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 15 de maio de 2014 Páx. 22031

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto, dun servizo de soporte de segundo nivel da rede de voz e datos e aplicacións do HULA e os seus centros asociados (AB-EIL1-14-003).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa do HULA.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2) Enderezo: rúa Doutor Ulises Romero, 1.

3) Localidade e código postal: Lugo, 27003.

4) Teléfono: 982 29 60 47.

5) Telefax: 982 29 65 92.

6) Correo electrónico: alvaro.lage.mouriz@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día do prazo e presentación de ofertas.

d) Número de expediente: AB-EIL1-14-003.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de soporte de segundo nivel da rede de voz e datos e aplicacións do HULA e os seus centros asociados (Hospital de Calde, Unidade de Psiquiatría, Centro de Especialidades e Escola de Enfermaría) pertencente a EOXI de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non/lote único.

d) Lugar de execución/entrega:

1) Enderezo: rúa Doutor Ulises Romero, 1.

2) Localidade e código postal: Lugo, 27003.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) Sistema dinámico de adquisición: non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): ): 50312300-8.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non

d) Criterios de adxudicación: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 675.000,00 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 247.933,88 euros.

Importe total: 300.000,00 euros.

6. Garantías exixidas: definitiva do 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: véxanse os pregos.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, de ser o caso: véxanse os pregos.

c) Outros requisitos específicos: véxanse os pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 16 de xuño de 2014.

Se o último día de presentación ou envío das ofertas coincide en sábado ou día inhábil, na localidade de presentación, o dito prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: véxanse os pregos.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral no 2º andar do HULA.

2) Enderezo: rúa Doutor Ulises Romero, 1.

3) Localidade e código postal: Lugo, 27003.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: sala 305 da Dirección-Xerencia no 3º andar do HULA. Rúa Doutor Ulises Romero, 1.

c) Localidade: Lugo, 27003.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario do procedemento.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 24 de abril de 2014.

12. Outras informacións: véxase o prego de prescricións técnicas.

Lugo, 24 de abril de 2014

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos