Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 15 de maio de 2014 Páx. 21973

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos

EDICTO (349/2010).

Procedemento: procedemento ordinario 349/2010.

Sobre reclamación de cantidade.

Demandantes: Matilde Reyna Garrido, Fernando Balbas de la Vega.

Procurador: Santiago López Sánchez.

Demandados: Fernando José Balbas Reyna, Carmen Cernadas Montero.

Cédula de notificación.

No procedemento de referencia ditouse sentenza cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Sentenza nº 102/2013.

En Betanzos o 2 de xullo de 2013.

Decido que, estimando a demanda interposta polo procurador Santiago López Sánchez, en nome e representación Matilde Reyna Garrido e Fernando Balbas de la Vega, debo condenar e condeno a Fernando José Balbas Reyna e Carmen Cernadas Montero, solidariamente, a que aboen aos demandantes a cantidade de corenta e sete mil cincocentos trinta e nove euros con trinta e dous céntimos (47.539,32 euros) máis os xuros legais da cantidade de vinte e dous mil sesenta e oito con trinta e dous euros (22.068,32 euros) e da cantidade de vinte e cinco mil catrocentos setenta e un euros con corenta céntimos (25.471,40 euros), desde a data do acto da audiencia previa, catorce de maio de dous mil trece, ata o seu completo pagamento.

Impóñense as custas á parte demandada.

Notifíquese esta sentenza ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación ante este xulgado e para a Audiencia no prazo de vinte días, contados desde o seguinte á súa notificación.

Así por esta a miña sentenza, da cal se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Fernando José Balbas Reyna e Carmen Cernadas Montero, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Betanzos, 7 de abril de 2014

O/A secretario/a xudicial