Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 16 de maio de 2014 Páx. 22056

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 12 de maio de 2014 pola que nomean os membros da Comisión Interuniversitaria de Galicia e se publican os parámetros de ponderación das materias da fase específica da proba de acceso á universidade de bacharelato e técnico superior, para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do Sistema universitario de Galicia no curso 2014/15.

A Orde do 24 de marzo de 2011 pola que se regulan as probas de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao e o proceso de admisión ás tres universidades do Sistema universitario de Galicia, establece no número 2 do artigo 4 que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria nomeará os membros da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG), de acordo co establecido no convenio asinado polos reitores das universidades do Sistema universitario de Galicia en presenza do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria con data do 12 de marzo de 2001.

O Real decreto 1892/2008, do 14 de novembro, polo que se regulan as condicións para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao e os procedementos de admisión ás universidades públicas españolas, establece no número 3 do artigo 14 e no número 5 do artigo 26 que o parámetro de ponderación (a ou b) das materias da fase específica será igual a 0,1.

As universidades poderán elevar o parámetro da dita fase específica ata 0,2 naquelas materias que consideren máis idóneas para, de acordo coa finalidade da proba de acceso á universidade, seguir con éxito as ensinanzas universitarias oficiais de grao para os estudantes que estean en posesión dun título de bacharelato ou equivalente, título de técnico superior de formación profesional, título de técnico superior de artes plásticas e deseño ou título de técnico deportivo superior e equivalentes.

As universidades deberán facer públicos os valores dos ditos parámetros ao comezo do curso correspondente á proba.

De conformidade co exposto na Orde do 24 de marzo de 2011 e no Real decreto 1892/2008, do 14 de novembro, e tendo en conta os acordos adoptados pola Universidade da Coruña o 30 de abril de 2014, pola Universidade de Santiago de Compostela o 23 de abril de 2014 e pola Universidade de Vigo o 8 de maio de 2014,

DISPOÑO:

Artigo 1

Noméanse como membros da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG) para o curso 2013/14 a:

Presidente:

Antonio Fernández Álvarez (delegado do reitor da Universidade de Vigo).

Vicepresidentes:

Jaime Romero López-Grado (delegado do reitor da Universidade de Santiago de Compostela).

Pedro Armas Diéguez (delegado do reitor da Universidade da Coruña).

Vogais:

Mª del Carmen García Rodríguez.

Amparo Jiménez Carrión.

María Dolores Vázquez Froján.

Artigo 2

Publícanse no anexo desta orde os parámetros de ponderación das materias da fase específica da proba de acceso á universidade para os estudantes que estean en posesión do título de bacharelato ou equivalentes e da fase específica da proba de acceso á universidade para os estudantes que estean en posesión dun título de técnico superior de formación profesional, de técnico superior de artes plásticas e deseño ou de técnico deportivo superior e equivalentes, para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do Sistema universitario de Galicia no curso 2014/15.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Parámetros de ponderación (0,1 ou 0,2) das materias da fase específica da proba de acceso á universidade de bacharelato e técnico superior, para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do Sistema universitario de Galicia no curso 2014/15.

As materias sinaladas con asterisco (*) non son obxecto de exame na proba de acceso á universidade (PAU) por non impartirse en Galicia no segundo curso do bacharelato. Indícanse as súas ponderacións para os estudantes das comunidades autónomas onde si son obxecto de exame na súa PAU.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file