Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 2014 Páx. 22446

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2014, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 16 de xullo de 2013 (Diario Oficial de Galicia núm. 140, de 24 de xullo), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio da oposición.

En sesión que tivo lugar o día 8 de maio de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 7 de abril de 2014 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, acordou, de conformidade co disposto na base II.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o día sete (7) de xuño de 2014, nas aulas A e C da Facultade de Económicas de Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 10.00 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2014

Víctor Martínez Lago
Presidente do tribunal