Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 2014 Páx. 22447

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 6 de maio de 2014, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a publicación das puntuacións definitivas e a relación de excluídos definitivos nas especialidades que se especifican no punto primeiro deste anuncio, abertas, entre outras, polo Anuncio do 30 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia do 17 de outubro).

Unha vez publicada a lista provisional e resoltas as reclamacións, procede publicar o baremo definitivo e a relación definitiva de excluídos na páxina web desta consellería.

En consecuencia, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas na páxina web desta consellería (http://www.edu.xunta.es) as puntuacións definitivas e a relación definitiva de excluídos do baremo para as prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas especialidades de Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal (590103), Hostalaría e Turismo (590106), Procesos de Produción Agraria (590115), Procesos na Industria Alimentaria (590116), Procesos Diagnósticos Clínicos e Produtos Ortoprotésicos (590117), Procesos Sanitarios (590118), Instalacións e Mantemento de Equipamentos Térmicos e Fluídos (591205), Procedementos de Diagnóstico Clínico e Ortoprotésico (591219) e Procedementos Sanitarios e Asistenciais (591220), abertas entre outras, polo Anuncio do 30 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia do 17 de outubro).

Segundo. Contra estas puntuacións definitivas e a relación definitiva de excluídos, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben poderán interpor directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o xulgado do contencioso-administrativo, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2014

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos