Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 22 de maio de 2014 Páx. 23193

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2014 pola que se fan públicos, para os efectos do artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, os convenios de colaboración asinados no primeiro cuadrimestre do ano 2014.

De conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, acórdase a publicación dos convenios de colaboración asinados pola Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas no primeiro cuadrimestre do ano 2014 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2014

Rubén M. García González
Director xerente da Fundación Pública Galega
para a Tutela de Persoas Adultas

ANEXO

Convenio

Importe do convenio (€)

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas e o Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social e Asistentes Sociais de Galicia para o emprego da quenda de servizos profesionais independentes.

Sen achega económica

4.4.2014