Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 22 de maio de 2014 Páx. 23192

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

CONVOCATORIA de oposicións 2014.

No Boletín Oficial da provincia nº 68 do 8 de abril de 2014 publicáronse as bases xerais e específicas de varios procesos selectivos convocados para cubrir as seguintes prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación de Pontevedra, incluídas en diversas ofertas de emprego público:

– Unha praza de arquiveiro bibliotecario, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase superior e integrada no grupo A1, mediante o sistema de concurso-oposición, por quenda libre.

– Unha praza de técnico medio cartoteca, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico medio e integrada no grupo A2, mediante o sistema de concurso-oposición, por quenda libre.

– Unha praza de auxiliar de prevención, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase funcións especiais, e integrada no grupo C2, mediante o sistema de concurso-oposición, por quenda libre.

– Unha praza de auxiliar de servizos contenciosos, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase funcións especiais, e integrada no grupo C2, mediante o sistema de concurso-oposición, por quenda libre.

A presentación de solicitudes poderá efectuarse ben no Rexistro Xeral da Deputación de Pontevedra, ben en calquera das formas establecidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 16 de abril de 2014

Begoña Estévez Bernárdez
Deputada delegada