Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 22 de maio de 2014 Páx. 23191

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Marín

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2014 referente á convocatoria para prover varias prazas.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 62, do 31 de marzo de 2014, publicáronse de xeito íntegro as bases que rexerán a convocatoria para prover:

– Unha (1) praza de inspector principal, pertencente á escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase policía local e pertenecente á escala executiva, segundo o previsto na Lei 4/2007, de coordinación de policías locais de Galicia, encadrada no grupo de titulación A e subgrupo A2, nivel de CD 26, pola quenda de mobilidade, sistema concurso.

– Dúas (2) prazas de policía, pertencentes á escala de Administración especial, clase de policía local, escala básica, segundo o previsto na Lei 4/2007, de coordinación de policías locais de Galicia, encadrada no grupo de titulación C e subgrupo C1, nivel de CD 17, pola quenda de mobilidade, sistema concurso.

– Unha (1) praza de policía, pertencente á escala de Administración especial, clase de policía local, escala básica, segundo o previsto na Lei 4/2007, de coordinación de policías locais de Galicia, encadrada no grupo de titulación C e subgrupo C1, nivel de CD 17, pola quenda libre, sistema oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturales, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.

Marín, 7 de abril de 2014

María Ramallo Vázquez
Alcaldesa presidenta