Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 2014 Páx. 24193

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato de servizo de interpretación e tradución para a Administración de xustiza en Galicia.

Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de servizos:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2014-SEXU 01-EM.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19962

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo de interpretación e tradución para a Administración de xustiza en Galicia.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) CPV: 79530000-8 servizo de tradución; 79540000-1 servizo de interpretación.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 13 de xaneiro de 2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 262.500,00 € (IVE excluído), incluídas as posibles prórrogas e modificacións.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 125.000,00 €. Importe total: 151.250,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 27 de marzo de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 15 de abril de 2014.

c) Contratista: Atlas Servicios Empresariales, S.A.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 125.000,00 €. Importe total: 151.250,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2014

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza