Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 2014 Páx. 24195

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ORDE do 7 de maio de 2014 pola que se acorda a adxudicación do procedemento de alleamento dun inmoble situado no concello de Melide, procedente da extinta Cámara Agraria Local.

Mediante Orde do 14 de marzo de 2014 foi autorizado o alleamento mediante poxa dun inmoble situado no concello de Melide.

Logo de publicarse o 3 de abril de 2014 no Diario Oficial de Galicia número 65 e no xornal El Correo Gallego o anuncio da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio de alleamento do citado inmoble, tivo lugar, o 30 de abril de 2014, a poxa pública anunciada, polo que, á vista das actas da mesa de contratación, de conformidade co disposto no artigo 70 do Decreto 50/1989, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e tras a proposta da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Primeiro. Aprobar a seguinte adxudicación

A Eduardo Blanco Mejuto, polo prezo de 15.545,36 euros, o inmoble situado na rúa Perú do concello de Melide (na actualidade rúa Emilia Pardo Bazán nº 39), duns 108 m2 aproximadamente, que estrema: ao norte, con máis da súa pertenza; ao sur, con Manuel Carril; ao leste, en liña de 9 metros, con rúa da súa situación; e ao oeste, con Manuel Ferreiro. Referencia catastral: 0821226NH8502S0001HJ. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Arzúa no folio 6, libro 94, tomo 557, predio 10085, inscrición 2ª. Sobre o inmoble hai unha edificación de dúas plantas que non está rexistrada e que segundo o Catastro conta cunha superficie construída de 200 m2.

Segundo.

O pagamento do prezo de adxudicación efectuarase segundo o estipulado no artigo 70.3º do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei de patrimonio.

Terceiro.

A venda formalizarase como corpo certo en escritura pública e serán por conta do adquirente os custos do seu outorgamento. Os tributos derivados da transmisión serán exixidos conforme o disposto na lexislación tributaria. Así mesmo, queda a cargo do adxudicatario o pagamento dos custos dos anuncios que se producisen neste procedemento de alleamento.

Cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2014

P.D. (Orde 9.1.2012; DOG nº 9, do 13 de xaneiro)
Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda