Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 2014 Páx. 24108

III. Outras disposicións

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2014 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2014.

O artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, establece a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

RESOLVO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos polo Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec) nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2014 que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2014

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable

ANEXO

Título:

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación.

Obxecto:

A participación nas actividades da EGAP do persoal dependente do Cixtec, así como a colaboración e o desenvolvemento conxunto de actividades de carácter formativo, divulgador e investigador en materias da competencia das institucións asinantes; actuando de forma máis eficaz e eficiente na utilización dos medios humanos, materiais e de organización de cada unha delas, para un mellor cumprimento dos fins de ambas as dúas partes, en beneficio da cidadanía e da sociedade galega.

Sinatura: 3 de xaneiro de 2014.

Importe: 0 €.