Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 30 de maio de 2014 Páx. 24454

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (403/2013).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 403/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rosa María Gendra Vilares contra Atlántico Congresos, S.L., Monfobus, S.L., Gespalia S.L., o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Halcón Viajes, S.A. e Viajes Fisterra, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Decido que, estimado a demanda por instancia de Rosa María Gendra Vilares, representado pola letrada Sra. Vila Amarelle, contra as entidades Gespalia, S.L. (en situación de concurso voluntario, sendo o seu administrador Concurlex Avogados, S.L.P.), que non comparece malia estar debidamente citada, Atlántica Congresos, S.L. (declarada en concurso sendo o administrador concursal o Sr. Álvarez Serrano), asistida pola letrada Sra. Villar Fernández, UTE Halcón Viajes, S.L.-Viajes Fisterra, S.L.-Monfobus, S.L., Halcón Viajes, S.A., Viajes Fisterra, S.L., Monfobus, S.L., asistida e representada polo letrado Sr. Castiñeira Martínez e contra o Fogasa, que non comparece malia estar debidamente citada, sobre despedimento obxectivo individual e debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento e, en consecuencia, con condena solidaria das empresas indicadas a que readmitan inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación (calculados a razón de 33,52 €/día) ou ben, a elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución.

1º. A devandita opción deberá exercerse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo sen que o empresario tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización, segundo o disposto no número anterior, sería de 25.014,30 €.

3º. Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Gespalia, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2014

A secretaria xudicial