Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 2 de xuño de 2014 Páx. 24779

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2014, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se dispón a publicación da modificación dos estatutos da entidade Transportes del Lérez, Sociedade Cooperativa Galega.

No artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, modificada pola Lei 14/2011, do 16 de decembro, e no Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, no seu artigo 53 establécese a obrigatoriedade da publicación, no Diario Oficial de Galicia, da modificación do artigo 4 dos estatutos (ampliación do obxecto social), da entidade Transporte del Lérez, Sociedade Cooperativa Galega, acordada na asemblea xeral extraordinaria do 14 de decembro de 2013 por unanimidade de votos. Consta engadido ao artigo 4 o seguinte: «8. Axencia de transporte, transitario, operador loxístico y almacenista; distribuidor e centro de transporte e loxística de mercadorías por estrada ou multimodais».

RESOLVO:

Dispoñer a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da modificación do artigo 4 dos estatutos (ampliación do obxecto social), da entidade Transportes del Lérez, Sociedade Cooperativa Galega.

Vigo, 5 de maio de 2014

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo