Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 2 de xuño de 2014 Páx. 24780

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se publica a inscrición do auto do Xulgado Mercantil número 2 de Lugo que declara disolta a entidade Xertigan, Sociedade Cooperativa Galega, en liquidación.

En cumprimento do disposto no artigo 87 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e no artigo 62 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que se inscribiu no Rexistro Central de Cooperativas o auto do Xulgado Mercantil número 2 de Lugo que declara disolta a entidade Xertigan, S. Coop. Galega, en liquidación.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2014

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social