Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 2 de xuño de 2014 Páx. 24896

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO (expediente FG nº 560).

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria do 28 de abril de 2014, acordou, entre outros, o seguinte, facendo constar que con esta mesma data se remitiu a documentación establecida no artigo 92 da Lei 9/2002, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas:

– Aprobar definitivamente o documento denominado modificación puntual do Plan parcial do sector SUD-11. Dorneda-campo de golf. Documento refundido 24.3.2014, nº 03764.

– Arquivar o documento 3872, do 3.4.2013, ao quedar substituído polo que se aproba.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpor recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado ou Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses. Previa e potestativamente, poderase interpor recurso de reposición, de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, no prazo dun mes. Tamén poderá interpor o recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e o procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no número 2 do mesmo artigo 118. Todo isto sen prexuízo do dereito dos interesados a formular a solicitude e a instancia a que se refiren os artigos 102.1) e 105.2) da dita lei.

Oleiros, 8 de maio de 2014

Ángel García Seoane
Alcalde presidente