Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 2 de xuño de 2014 Páx. 24897

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de licitación da contratación da subministración da reposición de once centros de transformación eléctricos de media tensión afectados por actos de vandalismo no parque empresarial de Nantes.

Aprobados os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexen a contratación da subministración da reposición de once (11) centros de transformación eléctricos de media tensión afectados por actos de vandalismo no parque empresarial de Nantes-Sanxenxo, anúnciase a convocatoria para a súa contratación.

1. Obxecto: a contratación da subministración da reposición de once (11) centros de transformación eléctricos de media tensión afectados por actos de vandalismo no parque empresarial de Nantes-Sanxenxo.

2. Duración do contrato: duración máxima de dous (2) meses.

3. Prezo de licitación: o orzamento máximo de licitación, é de 147.919,70 €, sen incluír o imposto sobre o valor engadido (en diante IVE). O IVE ascende a 31.063,14 € e o orzamento máximo de licitación, co IVE, é de 178.982,84 €.

4. Procedemento e tramitación: a adxudicación realizarase mediante tramitación ordinaria e procedemento aberto (con multiplicidade de criterios de valoración).

5. Lugar e prazo de presentación de ofertas: as proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Sanxenxo, das 9.00 ás 14.00 horas, agás o sábado, que será das 9.00 ás 13.00 horas, dentro do prazo de quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, Diario Oficial de Galicia e no perfil do contratante do órgano de contratación que figura na páxina web do concello, www.sanxenxo.es. O cómputo de prazos comezará desde a última publicación en calquera dos medios citados. Faise constar que se o prazo remata en festivo ou sábado se ampliará ao día seguinte hábil que non fose sábado.

6. Criterios de adxudicación: serán os sinalados na cláusula 9ª dos pregos respectivos:

a) Prazo: redución do prazo de subministración. Ata un máximo de trinta (30) puntos. Para estes efectos, os licitadores deberán presentar na súa proposición a redución do prazo en días, respecto ao máximo de execución previsto (2 meses). Para estes efectos, computarase a razón de dous (2) puntos por día.

b) Prezo: expresarase nunha cantidade que non poderá superar o orzamento máximo de licitación, co IVE (178.982,84 €). Valorarase ata un máximo de setenta (70) puntos.

7. Mesa de contratación: constituída no día de hoxe, 23 de maio de 2014, por Resolución da Alcaldía, de acordo co sinalado nas cláusulas 10ª e 11ª dos pregos respectivos.

8. Clasificación: non se exixe.

9. Solvencias:

a) Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante declaración sobre o volume de negocios, no ámbito de actividades correspondentes ao obxecto do contrato, referido aos tres (3) últimos exercicios dispoñibles, por importe igual ou superior ao exixido no anuncio de licitación (178.982,84 co IVE).

b) Solvencia técnica e profesional mediante: acreditarase mediante unha relación de subministración e instalación con obxecto de centros de transformación eléctricos de media tensión, en contía igual ou superior a 300.000,00 €, sen incluír o IVE, executadas no curso dos cinco (5) anos anteriores á data de finalización do prazo de presentación de ofertas desta licitación. Xuntarase, para cada subministración, certificado de boa execución desta, no cal se indicará a denominación da subministración, o obxecto do contrato, o importe, as datas e o lugar de prestación. No caso de non achegar para unha subministración da relación este certificado, coas precisións que se citan anteriormente, a subministración non computará para acreditar a solvencia técnica. Ademais, deberá presentar a correspondente inscrición no Rexistro Integrado Industrial na categoría de liñas de alta tensión.

10. Garantías: provisoria non se exixe. Garantía definitiva do 5 % do importe total da adxudicación, excluído o IVE.

11. Entidade e información: Concello de Sanxenxo. Sección de Contratación. Teléfono 986 72 00 75. A documentación recollerase no Concello de Sanxenxo e a través da web www.sanxenxo.es. Perfil de contratante.

Sanxenxo, 26 de maio de 2014

Catalina González Bea
Alcaldesa