Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 4 de xuño de 2014 Páx. 25196

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 13 de maio de 2014 pola que se rectifican os datos do Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia da Escola de Música Sementeira, do concello de Cambre.

Por Orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 12 de febreiro de 2014, publicada no DOG do 26 de febreiro, autorízase a inclusión no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia da Escola de Música Sementeira, do concello de Cambre.

O representante da titularidade da devandita escola, mediante escrito dirixido a esta consellería, rexistrado o día 25 de marzo de 2014, solicita a rectificación dos datos da escola de música, relativos ao enderezo, titularidade e á denominación específica, achegando copia dos estatutos da asociación vixentes na data da orde que autoriza a inclusión no rexistro da escola.

Por canto antecede e de conformidade co artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

DISPOÑO:

Artigo único. Modificar a Orde do 12 de febreiro de 2014 e rectificar os seguintes datos do rexistro da escola de música:

Domicilio: O Souto, nº 8, baixo.

Titular: Asociación Sementeira Cambre.

Denominación: Escola de Música Sementeira de Cambre.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria