Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 5 de xuño de 2014 Páx. 25565

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 12 de maio de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2014078AL-CO, por infraccións en materia sanitaria.

Coa data 23 de abril de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2014078AL-CO incoado a Barraca Betanzos, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a Barraca Betanzos, S.L. o contido de dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula e lembraselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación a interesada, en cumprimento do disposto co artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 12 de maio de 2014

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2014078AL-CO.

Interesada: Barraca Betanzos, S.L. (cafetería La Barraca).

DNI/NIF/CIF: B27789650.

Último enderezo coñecido: rúa dos Ferradores, 31,15300 Betanzos.

Feito/s imputado/s: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigo/s infrinxido/s:

– Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, sobre normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas (BOE nº 11, do 12 de xaneiro de 2001). Artigo 3.3º.5º, artigo 6.4º e artigo 12.

– Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal (DO nº 139, do 30 de abril de 2004; rectif. DO nº 204, do 4 agosto de 2007). Anexo II. Requisitos hixiénicos xerais aplicables a todos os operadores de empresa alimentaria (agás se é de aplicación o anexo I). Capítulo I. 4º, capítulo II. 1º.b) c), capítulo VI.1º.2º.3º.4º e capítulo VII. 1º a), b). 2º.3º.4º.5º.6º.

– Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE nº 160, do 6 de xullo). Artigo 50.1º.a).d), artigo 51.1º e artigo 52.1.a).

– Decreto 204/2012, do 4 de outubro, polo que se crea o Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios (Regasa) (DOG nº 205, do 26 de outubro). Artigo 5.1º.b).

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 300 €.