Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 5 de xuño de 2014 Páx. 25551

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se emprazan os interesados nos recursos contencioso-administrativos P.O.4101/2014 e P.O.4099/2014, contra a Orde do 16 de decembro de 2013, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se aproba definitivamente o Plan xeral de ordenación municipal de Aranga.

Nesta secretaría xeral recibiuse escrito do presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación cos recursos contencioso-administrativos números P.O.4101/2014, interposto por Nicasio Manuel Gómez López, María José Gómez López, María Dolores Gómez López, José Luis Gómez López, Rocío Gómez López, -ver pdf-, Josefa López Blanco, María de la Paz Gómez López e Margarita Gómez López, e P.O.4099/2014, interposto por Asesoría Ángel Vázquez, S.L., contra a Orde do 16 de decembro de 2013, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se aproba definitivamente o Plan xeral de ordenación municipal de Aranga (A Coruña).

Para os efectos de cumprir o solicitado no devandito escrito, faise constar que o expediente xa foi remitido por esta secretaría á Sección Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o 16 de maio de 2014.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, emprazándoas para que poidan comparecer como demandados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2014

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas