Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 5 de xuño de 2014 Páx. 25556

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Padrón (expediente IN407A 2014/55-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Aluminios Cortizo.

Domicilio social: lugar de Extramundi, s/n, apartado de correos 68, 15900 Padrón.

Título: LMTS+CS+CTP 1.600 kVA en Pol. Picusa-Padrón.

Situación: polígono industrial Picusa, Padrón.

Características técnicas:

– LMTS lonxitude total 96 m, desde o entroncamento (facilitado por UF) da LMT PAD802 ao CS, RHZ1 12/20 kV, 3×(1×240 mm2) Al.

– CS da compañía que contén 3 celas de liña.

– Centro de protección e medida do cliente que contén 1 cela de medida, 1 cela de protección con interruptor automático, 2 celas de remonte e 2 celas de liña (a trafo proxectado e trafo existente).

– LMT lonxitude total de 162 m, desde a cela entrada/saída ata CT, RHZ1 12/20 kV, 3×(1×95 mm2) Al.

• 62 m discorren en gabia de 0,4×1,2 m con dous tubos de 160 mm de diámetro e un tubo de 125 mm de diámetro formigonados.

• 100 m discorren polo interior da nave en bandexa de PVC lisa de 200×100 pousada en soportes de aceiro sobre viga de formigón a unha altura de 6 m ata o CT.

– CT situado no exterior da nave, con cela de liña e cela de protección con fusibles. Trifásico 50 Hz con refrixeración natural de 1.600 kVA, 20 KV/400 V e grupo de conexión Dyn11,con illamento en aceite de silicona. Tensión secundaria en baleiro 420 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo Monelos, 1ª planta, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

A Coruña, 2 de maio de 2014

Por vacante (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013; DOG núm.140, do 24 de xullo)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial