Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 5 de xuño de 2014 Páx. 25560

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cabana de Bergantiños (expediente IN407A 2014/056).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento LMT lugar de Neaño.

Situación: concello de Cabana de Bergantiños.

Características técnicas:

Tramo liña de media tensión aérea CBA-804-liña principal, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,112 km, con orixe no apoio nº 20 existente para substituír da LMT CBA-804, onde se realiza a derivada ao CT Neaño I, en condutor LA-110/116,2 mm2 Al e final no apoio nº 21 existente para substituír da LMT CBA-804, tramo entre a derivada ao CT Neaño I e o CT Neaño.

Tramo liña de media tensión aérea CBA-804-derivada a CT Neaño I, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,017 km, con orixe no apoio nº 20 existente para substituír da LMT CBA-804, onde se realiza a derivada ao CT Neaño I, en condutor LA-56/54,6 mm2 Al, e final no apoio nº 20/1 existente para substituír da LMT CBA-804, no tramo da derivada ao CT Neaño I.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 13 de maio de 2014

Por vacante (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013; DOG nº 140, do 24 de xullo)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial