Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 5 de xuño de 2014 Páx. 25562

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Oleiros (expediente IN407A 2014/29-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen:

Solicitante: Inverfago, S.L.U.

Domicilio social: Xardíns, 2, Perillo, 15172 Oleiros.

Denominación: LMT, CS e CT de 400 kVA para edificio.

Situación: Xardíns, 2, Perillo.

Características técnicas: LMT soterrada de 15 kV de 2×140 m de lonxitude, 1×240 mm2 AL, con orixe na LMT SMC724 (San Pedro de Nós), entre o CT 15CEC2 (urbanización Carballido) e o CT 15CZK8 (urbanización As Cancelas). Centro de seccionamento de interior con 3 interrutores-seccionadores de 24 kV, 400 A. Centro de transformación de interior con transformador de 400 kVA, illamento seco, relación 15-20/0,40 kV. Aparellaxe de manobra, protección e equipamento de medida en cabinas metálicas prefabricadas.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao medio.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro); sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 27 de maio de 2014

Por vacante (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013; DOG núm. 140, do 24 de xullo)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial