Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 5 de xuño de 2014 Páx. 25630

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 19 de maio de 2014, da Área de Recadación, polo que se relacionan requirimentos de documentación en relación coas solicitudes de aprazamentos/fraccionamentos pendentes de notificar e se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia (Leva Guillén, Eduardo e Taserval, S.L.).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei xeral tributaria 58/2003, do 17 de decembro, relaciónanse requirimentos de documentación en relación coas solicitudes de aprazamentos/fraccionamentos pendentes de notificar, despois de intentadas as notificacións persoais, e emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Departamento Central de Recadación en aplicación do establecido no número 2.3. do artigo 20 do Decreto 307/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Departamento Central de Recadación, con enderezo na rúa Pastoriza, 8, 4º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2014

Matías Alonso del Campo
Xefe da Área de Recadación

ANEXO

Interesado/a

NIF

Enderezo

Providencia

Liquidación

Leva Guillén, Eduardo

8829226D

Barrio Santa Rosa, 16

36740 Tomiño-Pontevedra

500140005286

Taserval, S.L.

B15485022

Rolda de Outeiro, 232

15010 A Coruña

13790411063 e 13 máis