Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 5 de xuño de 2014 Páx. 25631

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 19 de maio de 2014, da Área de Recadación, polo que se relacionan acordos de aprazamentos/fraccionamentos de pagamento pendentes de notificar e se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia (Recigranit, S.L. e Heladería Xuntos, S.L.).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei xeral tributaria 58/2003, do 17 de decembro, relaciónanse acordos de aprazamentos/fraccionamentos de pagamento pendentes de notificar, despois de intentadas as notificacións persoais, e emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Departamento Central de Recadación en aplicación do establecido no número 2.3 do artigo 20 do Decreto 307/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Departamento Central de Recadación, con enderezo na rúa Pastoriza, 8, 4º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2014

Matías Alonso del Campo
Xefe da Área de Recadación

ANEXO

Interesado/a

CIF

Enderezo

Providencia

Liquidación

Importes

Recigranit, S.L.

B36855443

A Casilla, 49-Polígono As Gándaras

36475 O Porriño-Pontevedra

11790273308 e 15 máis

36.181,68 €

Heladería Xuntos, S.L.

B36920932

Rúa Uruguay, 2, 5º esq.

36201 Vigo-Pontevedra

500140004048

676,00 €