Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 5 de xuño de 2014 Páx. 25541

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira instancia e Instrución número 1 de Sarria

EDICTO (696/2012).

María del Carmen Álvarez Iglesias, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Sarria, polo presente anuncio:

No presente procedemento ordinario 696/2012 seguido por instancia de Manuel López García fronte a Erasmo Pérez González ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

Sarria, 21 de novembro de 2013.

Vistos por Cristina Díaz Rodríguez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución único de Sarria, os autos do xuízo ordinario 696/2012 no cal son partes o demandante Manuel López García, asistido pola letrada señora Rigueiro Arias e representado pola procuradora señora Abella García, e o demandado Erasmo Pérez González, declarado en situación de rebeldía procesual.

Resolvo que estimo integramente a demanda interposta por Manuel López García, asistido pola letrada señora Rigueiro Arias e representado pola procuradora señora Abella García, contra o demandado Erasmo Pérez González, e condeno este a aboar ao demandante seis mil oitenta e catro euros (6.084,00 euros), así como ao pagamento dos xuros legais desde a interposición da demanda e xuros procesuais.

As custas impóñense á parte demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de 20 días contados desde o seguinte á súa notificación».

E encontrándose o devandito demandado, Erasmo Pérez González, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Sarria, 21 de novembro de 2013

A secretaria xudicial