Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 5 de xuño de 2014 Páx. 25673

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ares

ANUNCIO de información pública sobre estación de servizo no lugar das Balsas.

A entidade mercantil Estación de Servicio As Balsas, S.L. solicitou desta alcaldía licenza municipal para a apertura dunha estación de servizo que se situará no lugar das Balsas (Ares). En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental (en vigor no momento da solicitude), sométese o expediente a información pública por un período de vinte días, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, no Departamento de Urbanismo deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Ares, 12 de maio de 2014

Julio Ignacio Iglesias Redondo
Alcalde presidente