Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 9 de xuño de 2014 Páx. 26062

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 6 de maio de 2014, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a modificación substancial da concesión administrativa outorgada ao Club Náutico de Ribadeo pola Resolución do 10 de maio de 2005, con destino a explotación das instalacións náutico-deportivas no porto de Ribadeo, coa finalidade de regularizar a distribución das prazas de amarre vixentes e permitir a execución das obras de instalación de almacenamento e subministración de carburantes a embarcacións dentro do ámbito concesional.

Con motivo da solicitude de autorización de execución das obras de instalación de almacenamento e subministración de carburantes a embarcacións dentro do ámbito concesional e de regularización da distribución das prazas de amarre vixentes, o presidente de Portos de Galicia resolve iniciar a tramitación da modificación substancial da concesión administrativa outorgada ao Club Náutico de Ribadeo pola Resolución do 10 de maio de 2005, con destino á explotación das instalacións náutico-deportivas no porto de Ribadeo, con base no proxecto redactado en abril de 2014 polo enxeñeiro técnico industrial Óscar Álvarez González e visado con data 2.4.2014 polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais da Coruña co número de visado 594/14. A presente actuación está sometida a avaliación de impacto ambiental simplificada segundo o indicado no artigo 45 da Lei 21/2013, de avaliación ambiental.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte de Portos de Galicia, sitas na rúa Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 6 de maio de 2014

Antonio López Fernández
Enxeñeiro xefe da Zona Norte