Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 9 de xuño de 2014 Páx. 26060

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2014 de declaración de deserta da venda de parcelas de solo empresarial na primeira fase da área loxística e intermodal do porto seco de Monforte de Lemos (expediente DTS01-14).

Unha vez examinado o expediente administrativo relativo á venda das parcelas de solo empresarial do IGVS na 1ª fase da área loxística e intermodal do porto seco de Monforte de Lemos, mediante procedemento aberto e trámite ordinario, e de acordo cos seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. Tras os preceptivos trámites legais, mediante anuncio de licitación publicado no DOG nº 44, do 5 de marzo de 2014 (corrección de erros do DOG nº 52, do 17 de marzo), convocouse a venda das parcelas, e resulta:

1. Que a data límite de presentación de ofertas remataba o 21 de abril de 2014 e, segundo acredita o certificado emitido polo responsable do rexistro dos servizos centrais do IGVS, non tivo entrada neste servizo ningunha proposición para as parcelas ofertadas nin se recibiu aviso do seu envío.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 151.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, ao non existir ningunha oferta ou proposición, a licitación declárase deserta.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A competencia para ditar esta resolución correspóndelle á directora xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo por delegación das competencias como órgano de contratación do presidente do IGVS, mediante Resolución do 23 de xuño de 2010, en que delegou as competencias que tiña como órgano de contratación na Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

De conformidade co disposto no artigo 316 do Real decreto lexislativo 3/2011, e de acordo coa Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do Instituto Galego da Vivenda e Solo, e co Decreto 288/1988, do 29 de setembro, que o desenvolve,

RESOLVO:

1. Declarar deserta a licitación da venda das parcelas de solo empresarial do IGVS na 1ª fase da área loxística e intermodal do porto seco de Monforte de Lemos.

Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderán interpor potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderá interpor recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Notifíquese esta resolución nos termos establecidos no artigo 135.3 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, e nos artigos 58 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2014

Teresa María Gutiérrez López
Directora xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo