Con data do14 de abril de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2014032TA-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra La Mundicar 2010, con CIF B94036365, como titular do establecemento Club Montparnasse.
Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non se puido practicar, polo que mediante esta cédula lle notifico a La Mundicar 2010 o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo ao disposto no número 5 do referido artigo, para que teña coñecemento del.
Así mesmo, fágolle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia na rúa Fernández Ladreda, número 43, 1º andar, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Notifícolle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Pontevedra, 9 de maio de 2014
Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Número do expediente: 2014032TA-PO.
Denunciado: La Mundicar 2010, con CIF B94036365, como titular do establecemento Club Montparnasse.
Último enderezo coñecido: A Goulla, número 9, 36637 Meis (Pontevedra).
Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.
Preceptos presuntamente infrinxidos: artigo 7) «Prohíbese fumar,..., en: u) Bares, restaurantes e demais establecementos de restauración pechados».
Tipificación: dúas infraccións administrativas tipificadas como graves no artigo 19.3.b) e n) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.
Sanción proposta: mil douscentos dous euros (1.202 €).