Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 9 de xuño de 2014 Páx. 26022

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 23 de maio de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica á empresa Pontevex, S.L. a solicitude de incautación da garantía financeira para o cumprimento do Plan de restauración ambiental no expediente da concesión da explotación denominada Estrella número 2489.

Ante a imposibilidade de notificación, por medio desta cédula notifícaselle á empresa Pontevex, S.L., con CIF B36746626, a solicitude de incautación da garantía financeira para o cumprimento do Plan de restauración ambiental no expediente da concesión da explotación Estrella número 2489.

Comunícase o anterior e concédeselle un prazo de 10 días, contados desde o seguinte ao da publicación deste edicto, para que poida presentar as alegacións, así como os documentos e as xustificacións que considere pertinentes, de acordo co disposto no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 23 de maio de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra