Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 9 de xuño de 2014 Páx. 26020

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica nos concellos de Ponte Caldelas e Pontevedra (expediente IN407A 2014/60-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LAT 66 kV Ponte Caldelas-Ponte Sampaio tendido 2º circuíto na entrada das subestacións de Ponte Caldelas e Ponte Sampaio.

Situación: Ponte Caldelas e Pontevedra.

Características técnicas: liña de alta tensión subterránea a 66 kV con condutor RHZ1 estruturada en dous tramos:

1. 152 metros en canalización existente. Orixe apoio paso aerosubterráneo (PAS) existente nº 12 e final na subestación Ponte Caldelas.

2. 106 metros. Orixe apoio PAS existente nº 34 e final na subestación Ponte Sampaio.

A instalación está situada nos municipios de Ponte Caldelas (o tramo 1) e Pontevedra (o tramo 2).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 28 de maio de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra