Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 12 de xuño de 2014 Páx. 26786

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 19 de maio de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fan públicas dúas resolucións de procedencia de reintegro de axudas e subvencións ás empresas cualificadas como iniciativas locais de emprego (ILES), reguladas na Orde do 5 de maio de 2010 (Diario Oficial do Galicia do 14 de maio), relativa aos expedientes TR340B 2010/1-2 e TR340B 2010/3-2.

Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figuran como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 19 de maio de 2014

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR340B 2010/1-2.

Nome: Small Wonders, S.L.

DNI/NIF: B27396704.

Último enderezo coñecido: avda. da Coruña, 490, 27003 Lugo.

Feito imputado: non realizar a actividade que fundamenta a concesión da axuda ou subvención durante un tempo mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 20.1.a).

Contido da resolución: procedencia de reintegro da axuda ditada o 8 de maio de 2014 polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo.

Nº de expediente: TR340B 2010/3-2.

Nome: Small Wonders, S.L.

DNI/NIF: B27396704.

Último enderezo coñecido: avda. da Coruña, 490, 27003 Lugo.

Feito imputado: non realizar a actividade que fundamenta a concesión da axuda ou subvención durante un tempo mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 20.1.a).

Contido da resolución: procedencia de reintegro da axuda ditada o 8 de maio de 2014 polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo.