Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 12 de xuño de 2014 Páx. 26788

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2014, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, sobre modificacións, disolucións e cancelacións de sociedades agrarias de transformación (SAT).

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, e para xeral coñecemento, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias modificadas, disoltas e canceladas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e a Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de Sociedades Agrarias de Transformación de Galicia, que se citan:

A) Modificacións:

a) A Sociedade Agraria de Transformación García Pico, SAT nº 1199 XUGA, na asemblea xeral do 28 de febreiro de 2014, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a redución do capital social da sociedade, nun importe de 16.500,00 €, o que supón unha redución de 1.650 títulos de 10,00 € cada un deles.

Como consecuencia da redución de capital social, este queda distribuído da seguinte forma entre todos os socios:

Onésimo García Pico 513 títulos 5.130,00 € de capital social

Cristina Pena García 513 títulos 5.130,00 € de capital social

Domingo Pena Prieto 513 títulos 5.130,00 € de capital social

2. Modificar o artigo 2 do estatuto, que queda redactado como segue: «O capital social cífrase en 15.390,00 € e estará representado por 1.539 títulos nominativos de 10,00 € cada un deles».

b) A Sociedade Agraria de Transformación Zarralleiro, SAT nº 1386 XUGA, na asemblea xeral do 24 de marzo de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora, que está integrada por: Ángeles Trevin Reimonde, presidenta; Ramón Campos Conde, secretario, e Marcos Campos Trevin como vogal.

c) A Sociedade Agraria de Transformación Garridiño, SAT nº 1011 XUGA, na asemblea xeral do 20 de febreiro de 2013, que ratifica a do 30 de decembro de 2012, toma os seguintes acordos:

1. Anular o punto número 4 da acta de asemblea do 30 de decembro de 2012, referente á modificación do artigo 11 do estatuto social.

2. Aprobar o alta do socio Fran García Teijeiro, que achega en metálico ao capital social un importe de 24.341,31 €. Por outra banda sonlle transmitidos 35 títulos do socio José García Iglesias, que causa baixa na sociedade.

3. Aprobar a baixa do socio José García Iglesias, que lle vende os seus títulos aos tres socios que quedan na sociedade.

Como consecuencia desta alta, baixa e transmisión de títulos, o capital social queda distribuído entre os socios da seguinte maneira:

Eduardo García Rivas 116 títulos 34.859,16 € de capital social

Manuela Teijeiro Álvarez 116 títulos 34.859,16 € de capital social

Fran García Teijeiro 116 títulos 34.859,16 € de capital social

4. Aprobar a modificación do artigo 2 do estatuto social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 104.577,48 € e estará representado por 348 resgardos nominativos de 300,51 € cada un deles».

5. Aprobar a modificación da Xunta Reitora, que pasa a estar composta por: Eduardo García Rivas, presidente; Manuela Teijeiro Álvarez, secretaria, e Fran García Teijeiro, como vogal.

d) A Sociedade Agraria de Transformación A Penela, SAT nº 911 XUGA, na asemblea xeral do 28 de marzo de 2014, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa voluntaria do socio Manuel Rodríguez Gómez, a quen lle acordan practicar a liquidación.

Como consecuencia desta baixa o capital social queda distribuído entre os socios da seguinte maneira:

Julio Castaño Toiran 813 títulos 81.300,00 € de capital social

Horacio López Vázquez 813 títulos 81.300,00 € de capital social

Benjamín García Toiran 813 títulos 81.300,00 € de capital social

José Luis Rodríguez López 370 títulos 37.000,00 € de capital social

2. Aprobar a modificación do artigo 2 do estatuto social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 280.900,00 € e estará representado por 2.809 resgardos nominativos de 100,00 € cada un deles».

3. Aprobar a modificación do artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a Xunta Reitora pasa a estar formada por catro membros.

4. Aprobar a modificación da Xunta Reitora, que pasa a estar composta por: Julio Castaño Toiran, presidente; Horacio López Vázquez, secretario; Benjamín García Toiran e José Luis Rodríguez López, como vogais.

e) A Sociedade Agraria de Transformación Veiga da Lama, SAT nº 1087 XUGA, na asemblea xeral do 26 de marzo de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora, que está integrada por: María del Carmen Val Campos, presidenta; María Carmen Rubiños Valiña, secretaria; José Luis Val Campos, Ana Campos Vilariño e Isaac Val Negrelos como vogais.

f) A Sociedade Agraria de Transformación Rama-Andrade, SAT nº 1020 XUGA, na acta da asemblea do 4 de abril de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a elección da nova Xunta Reitora, que pasa a estar integrada por: José Ramón Rama Martínez, presidente; Mª del Carmen Andrade Esmorís, secretaria, e Ana María Rama Andrade, como vogal.

g) A Sociedade Agraria de Transformación Os Foros, SAT nº 1231 XUGA, na asemblea xeral do 1 de marzo de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora, que está integrada por: Manuel Legaspi Gesto, presidente; Jesús Otero Moirón, secretario; Yolanda Alba Gayo, Mª Pilar Legaspi Gesto e Jesús Hermida Valiña como vogais.

h) A Sociedade Agraria de Transformación Agricultura y Ganadería Sesto, SAT nº 5583, na asemblea xeral do 31 de marzo de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora, que está integrada por: Cesarina Sesto Pérez, presidenta; César Carril Vázquez, secretario; José Manuel Sesto Pérez e Francisco Sesto Pérez, como vogais.

i) A Sociedade Agraria de Transformación Río, SAT nº 1258 XUGA, na asemblea xeral do 7 de abril de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora, que está integrada por: Joaquín Fernández Arias, presidente; José Fernández Arias, secretario, e Jimena Arias Millares, como vogal.

j) A Sociedade Agraria de Transformación Aspoflor, SAT nº 791 XUGA, na asemblea xeral do 10 de marzo de 2014, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa do socio Rodolfo Matos Martínez, que vende e transmite os 40 títulos que ten ao seu fillo e pretendido socio Alejandro Matos Pérez por valor de 2.600,00 €, polo queda así a distribución do capital social:

Manuel Alonso González 40 títulos 2.600,00 € de capital social

Mª del Carmen Lugo Bascuas 40 títulos 2.600,00 € de capital social

Alejandro Matos Pérez 40 títulos 2.600,00 € de capital social

Francisca Orosa García 40 títulos 2.600,00 € de capital social

Mª Jesús Quintela Botana 40 títulos 2.600,00 € de capital social

Susana Rodríguez González 40 títulos 2.600,00 € de capital social

Carmen Tato Rosende 40 títulos 2.600,00 € de capital social

Mª del Carmen Vinseiro Terceiro 40 títulos 2.600,00 € de capital social

2. Aprobar a modificación da Xunta Reitora, que pasa a estar composta por: Susana Rodríguez González, presidenta; Francisca Orosa García, secretaria; Mª del Carmen Lugo Bascuas, tesoureira; Manuel Alonso González, Mª Jesús Quintela Botana, Mª del Carmen Vinseiro Terceiro, Carmen Tato Rosende e Alejandro Matos Pérez, como vogais.

k) A Sociedade Agraria de Transformación Mantequerías Lomba, SAT nº 2162, na asemblea xeral do 17 de marzo de 2014, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa do socio Florencio Ledo Taboada, que transmite os catro títulos que ten ao pretendido novo socio Francisco Javier Outomuro Castro.

2. Aprobar a alta como novo socio de Francisco Javier Outomouro Castro.

Como consecuencia desta transmisión de títulos, alta e baixa de socios, o capital social queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

José Francisco Ledo Taboada 4 títulos 6.010,12 € de capital social

Concepción García Feijoo 4 títulos 6.010,12 € de capital social

Francisco Javier Outomuro Castro 4 títulos 6.010,12 € de capital social

3. Aprobar a modificación dos cargos da Xunta Reitora, que está integrada por: José Francisco Ledo Taboada, presidente; Concepción García Feijoo, secretaria, e Francisco Javier Outomuro Castro como vogal.

l) A Sociedade Agraria de Transformación Meixomence, SAT nº 831 XUGA, na asemblea xeral do 28 de marzo de 2014, que ratifica a do 31 de xaneiro de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora, que está integrada por: Miguel Ángel Louzado Meijomence, presidente; María Josefa Loureiro Lojo, secretaria, e Xosé Miguel Louzao Loureiro, como vogal.

m) A Sociedade Agraria de Transformación San Antonio, SAT nº 1076 XUGA, na asemblea xeral do 19 de marzo de 2014, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a ampliación de capital social do socio Jesús Alberto Buján Rodríguez, polo importe de 19.232,64 € en achegas monetarias.

Como consecuencia desta ampliación de capital, este queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

José Manuel Quiroga Peteiro 174 títulos 104.577,48 € de capital social

Jaime Lorenzo Montero 130 títulos 78.132,60 € de capital social

Antonio Escariz Vázquez 174 títulos 104.577,48 € de capital social

José Antonio Paredes González 174 títulos 104.577,48 € de capital social

Jesús Alberto Buján Rodríguez 82 títulos 49.283,64 € de capital social

Antonio García Méndez 44 títulos 26.444,88 € de capital social

2. Aprobar a modificación do artigo 2 do estatuto social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 467.593,56 € e estará representado por 778 resgardos nominativos de 601,02 € cada un deles».

n) A Sociedade Agraria de Transformación Monarca, SAT nº 1340 XUGA, na asemblea xeral do 6 de abril de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora, que está integrada por: Manuel Castro Castro, presidente; Mª Ángeles Leira Folgueira, secretaria, e Pedro Castro Leira, como vogal.

o) A Sociedade Agraria de Transformación O Miradoiro, SAT nº 945 XUGA, na asemblea xeral do 8 de abril de 2014, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora, que está integrada por: Jesús Acal Valiño, presidente; María del Carmen González González, secretaria, e José Manuel Riveiro Gómez como vogal.

p) A Sociedade Agraria de Transformación Alecrín, SAT nº 1187 XUGA, na asemblea xeral do 3 de marzo de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora, que está integrada por: Javier Puñal Soneira, presidente; José Ramón García García, secretario, e Julio Nieto Andrade como vogal.

q) A Sociedade Agraria de Transformación Rancho Oteposnei, SAT nº 893 XUGA, na asemblea xeral do 21 de abril de 2014, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a redución de capital nun título dos socios Alfonso José Otero Durán e José Antonio Neira Rodríguez.

Como consecuencia desta redución de capital, este pasa a estar distribuído entre os socios da seguinte forma:

Alfonso José Otero Durán 16 títulos 9.616,16 € de capital social

José Antonio Neira Rodríguez 16 títulos 9.616,16 € de capital social

María Cruz Pose Constenla 8 títulos 4.808,08 € de capital social

Carmen Pose Andújar 8 títulos 4.808,08 € de capital social

2. Aprobar a modificación do artigo 2 do estatuto social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 28.848,48 euros e estará representado por 48 títulos nominativos de 601,01 euros cada un deles».

r) A Sociedade Agraria de Transformación Ganadería Ferreiros, SAT nº 1277 XUGA, na escritura pública do 10 de abril de 2014, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa da socia María Dilia Casal Sanjurjo, que transmite os 6.760 títulos que ten entre os restantes socios José Ángel Ferreiros Casal e María Luz Fernández Feijoo.

A baixa desta socia supón unha alteración substancial dos caracteres propios que configuran as SAT, xa que non se cumpre o punto dous do artigo quinto do Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, polo que se aproba o Estatuto que regula as sociedades de transformación, que di: «O mínimo de socios necesarios para a constitución dunha SAT será de tres».

2. Aprobar a transformación de Ganadería Ferreiros, SAT nº 1277 XUGA, que solicita a cancelación no Rexistro de Sociedades Agrarias de Transformación de Galicia, para inscribirse no Rexistro Mercantil Central como Ganadería Ferreiros, S.L., co que queda a dita cancelación condicionada á presentación do documento xustificativo no cal se faga constar que se encontra inscrita nel, no prazo máximo de 6 meses.

s) A Sociedade Agraria de Transformación Crexal, SAT nº 1365 XUGA, na asemblea xeral do 28 de marzo de 2014, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa do socio Higinio Andión Mazoy, que transmite os 143.347 títulos que ten ao pretendido novo socio Iván Andión Ledo.

2. Aprobar a alta como novo socio de Iván Andión Ledo.

Como consecuencia desta transmisión de títulos, alta e baixa de socios, o capital social queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Diógenes Andrés Iglesia Cabaneiro 308.074 títulos 308.074,00 € de capital social

Javier Pacio López 131.588 títulos 131.588,00 € de capital social

Margarita Álvarez Eiras 219.769 títulos 219.769,00 € de capital social

Iván Andión Ledo 143.347 títulos 143.347,00 € de capital social

Carlos García Teijeiro 113.216 títulos 113.216,00 € de capital social

Pura Pilar Sanjurjo Iglesia 51.314 títulos 51.314,00 € de capital social

José Ignacio Rivas Vidal 192.533 títulos 192.533,00 € de capital social

3. Aprobar a modificación dos cargos da Xunta Reitora, que está integrada por: Diógenes Andrés Iglesia Caneiro, presidente; José Ignacio Rivas Vidal, secretario; Javier Pacio López, Margarita Álvarez Eiras, Iván Andión Ledo, Carlos García Teijeiro e Pura Pilar Sanjurjo Iglesias como vogais.

t) A Sociedade Agraria de Transformación A Pementeira, SAT nº 1345 XUGA, na asemblea xeral do 31 de marzo de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a modificación do artigo 1 do estatuto social co respecto ao domicilio social, que queda establecido no Polígono Industrial de Picusa, vía F, nave 2A, 15900 Padrón, A Coruña.

u) A Sociedade Agraria de Transformación Xerlea, SAT nº 1083 XUGA, na asemblea xeral do 23 de abril de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a rectificación dos acordos tomados na acta de asemblea que tivo lugar o 20 de febreiro de 2008 e na escritura pública da mesma data, respecto á distribución do capital social e número de títulos para distribuír entre os socios.

Apróbase, por tanto, a transmisión de 630 títulos do socio José Fernández Blanco a María Fe Rego Fernández. María Dolores Pérez Verdes transmite 630 títulos a Manuel Vigo Díaz, polo que queda o capital distribuído entre os socios da seguinte forma:

José Fernández Blanco 1.230 títulos 73.935,30 € de capital social

María Fe Rego Fernández 1.230 títulos 73.935,30 € de capital social

María Dolores Pérez Verdes 1.230 títulos 73.935,30 € de capital social

Manuel Vigo Díaz 1.230 títulos 73.935,30 € de capital social

B) Disolucións:

a) A Sociedade Agraria de Transformación Castrodanta, SAT nº 1415 XUGA, na asemblea xeral do 28 de marzo de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o acordo de disolución da SAT e nomear a comisión liquidadora composta por Manuel Prieto Morais, Sonia Prieto Morais e Beatriz Carballo Rodríguez.

C) Cancelacións:

a) A Sociedade Agraria de Transformación Resazós, SAT nº 1147 XUGA, na asemblea xeral do 20 de marzo de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o balance final e solicitar a cancelación da SAT no rexistro xeral.

b) A Sociedade Agraria de Transformación Ganadería Nogueira, SAT nº 1412 XUGA, na asemblea xeral do 31 de marzo de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o balance final e solicitar a cancelación da SAT no rexistro xeral.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2014

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria