Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 12 de xuño de 2014 Páx. 26750

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos

EDICTO (16/2013).

María Susana Gamonal Lombardero, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos, polo presente anuncio:

No presente procedemento de xuízo verbal 16/2013, seguido por instancia de Mapfre Familiar, S.A. e Manuel Boado Varela fronte a Eva Otero García, ditouse sentenza cuxa resolución é do teor literal seguinte:

Sentenza nº 6/2014.

Que, estimando a demanda interposta pola procuradora Amparo Cagiao Rivas, en nome e representación de Manuel Boado Varela e da entidade Mapfre Familiar Cía. de Seguros y Reaseguros, S.A., debo condenar e condeno a Eva Otero García a aboar a Mapfre Familiar Cía. de Seguros y Reaseguros, S.A. a cantidade de mil catrocentos setenta euros con sesenta e oito euros (1.470,68 euros) e a Manuel Boado Varela a cantidade de trescentos euros (300 euros), incrementadas en ambos os dous casos cos xuros legais desde a interposición da demanda e ata o seu completo pagamento.

As custas desta instancia serán por conta da demandada.

Notifíquese esta sentenza ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso.

Así o pronuncio e asino. Carmen Castro Pérez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Betanzos.

E encontrándose a devandita demandada, Eva Otero García, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Betanzos, 27 de xaneiro de 2014