Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 12 de xuño de 2014 Páx. 26748

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO (232/2013).

Ángel Gómez Santos, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, fago saber que neste xulgado se ditou resolución do teor literal seguinte:

Sentenza nº 82/2014.

Vigo, 9 de maio de 2014

Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo verbal que co número 232/2013 se seguen por instancia de Novacaixagalicia, que compareceu representada polo procurador José Antonio Fandiño Carnero e defendida polo letrado Roberto Barreiro Rodríguez, contra Espectáculos León, S.L., que foi declarada en situación de rebeldía procesual, os cales teñen por obxecto unha pretensión de reclamación das rendas debidas dun contrato de alugamento.

Resolución

Estimo totalmente a demanda interposta por Novacaixagalicia contra Espectáculos León, S.L., facendo, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos:

1º. Condeno a Espectáculos León, S.L. a aboarlle a Novacaixagalicia a cantidade de 1.300 euros, a cal reportará unha indemnización pola demora equivalente ao xuro legal dos cartos, contados desde a data da formulación da presente demanda.

2º. Condeno a Espectáculos León, S.L. a pagar as custas procesuais.

Notifíquese esta sentenza ás partes, ás cales se fará saber que esta é firme e que contra ela non cabe formular recurso de ningún tipo.

Así o acordo, mano e asino.

E como consecuencia do ignorado paradoiro da demandada Espectáculos León, S.L. e para que sirva de notificación, expido o presente.

Vigo, 15 de maio de 2014

O secretario xudicial