Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 12 de xuño de 2014 Páx. 26744

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo

EDICTO (779/2011).

Pilar Sández González, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo, polo presente anuncio que no presente procedemento ordinario número 779/2011, seguido por instancia de Matilde, María Concepción, Clotilde, Santiago e Celia Romero Candeira, se ditou a sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza.

Vigo, 24 de setembro de 2012.

Vistos por María del Carmen García Campos, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo, os presentes autos de xuízo ordinario nº 779/2011, seguidos por instancia do procurador José Vicente Gil Tránchez en representación de Matilde Romero Candeira, María Concepción Romero Candeira, Clotilde Romero Candeira, Santiago Romero Candeira e Celia Romero Candeira, baixo a dirección do letrado Jaime Delgado Pérez-Íñigo, contra Isabel Candeira Zugaza, representado pola procuradora Marta Suárez Hermo e dirixido pola letrada María Jesús Sarabía García; Carmen Romero Doral, Isabel Romero Doral, María Rocío Romero Doral, Pablo María Romero Doral e Eduardo Emilio Romero Doral, representados polo procurador Juan Manuel Señoráns Arca e dirixidos polo letrado José Ramón Elías Doral; María del Pilar Candeira Fernández de Araoz e Pilar Isabel Marta López Candeira, representadas pola procuradora Mercedes Pérez Crespo e dirixidas polo letrado Juan Manuel Rodríguez Prada; Javier Constantino Candeira Zugaza, Margarita María Concepción López Candeira, Belén López Candeira e María Consuelo López Candeira, todos eles en situación procesual de rebeldía; sobre declaración de nulidade de disposicións testamentarias e outros extremos.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decido que, estimando integramente a demanda formulada polo procurador José Vicente Gil Tránchez, en nome e representación de Matilde, María Concepción, Clatilde, Santiago e Celia Romero Candeira, contra Isabel Candeira Zugaza, Javier Constantino Candeira Zugaza, Carmen, Isabel, María Rocío, Pablo María e Eduardo Emilio Romero Doral, María del Pilar Candeira Fernández de Araoz, Margarita María Concepción, Belén, Marta e María Consuelo López Candeira:

1. En relación co predio de monte con piñeiros novos sito nas parroquias de Forcadela e Taborda, municipio de Tomiño:

a) Acórdase que na inscrición practicada sobre esta no Rexistro da Propiedade de Tui a favor da fiduciaria María del Carmen Fernández-Cervera González se faga constar a cláusula de substitución ordenada polo seu esposo Carlos Candeira Pérez no seu testamento outorgado o 9 de febreiro de 1962 ante o notario de Vigo Demetrio Méndez Curiel (cláusula cuarta do testamento): «Á morte da súa herdeira, María del Carmen Fernández-Cervera González, de todos os bens que tivese adquirido por herdanza do testador, e que non dispuxese deles por actos inter vivos, sucederán, como legatarios de residuo, por iguais partes, os seus irmáns Consuelo, Constantino, Carmen, Candelaria, Celso e Celia Candeira Pérez e, en representación dos que premorran, os seus respectivos descendentes, dándose noutro caso o dereito de acrecer entre si»;

b) Declárase a nulidade do legado ordenado sobre o devandito predio por María del Carmen Fernández-Cervera González na cláusula sexta do seu testamento;

c) Declárase a nulidade da escritura de entrega dese legado, outorgada o 27 de abril de 2004, ante o notario de Vigo José María Rueda Pérez, baixo o número 835 do seu protocolo;

d) Acórdase a cancelación da inscrición segunda do referido predio no Rexistro da Propiedade de Tui practicada a favor de Javier Constantino e Isabel Candeira Zugaza.

2. En relación coa metade indivisa que María del Carmen Fernández-Cervera González adquiriu por herdanza do seu esposo do predio de piñeiral chamado do Rei, en Monte Terroso, municipio da Guarda:

a) Acórdase emendar o erro padecido na inscrición practicada a favor de María del Carmen Fernández Cervera González no Rexistro da Propiedade de Tui, ao ter inscrito a totalidade do predio a nome de María del Carmen Fernández-Cervera González por título de herdanza do seu esposo, ordenando que se practique a inscrición a favor da devandita señora en canto a unha metade indivisa por herdanza do seu esposo e en canto a unha metade indivisa por liquidación de gananciais;

b) Acórdase facer constar na devandita inscrición, respecto da metade adquirida por herdanza do seu esposo, a cláusula de substitución ordenada por Carlos Candeira Pérez no seu testamento outorgado o 9 de febreiro de 1962 ante o notario Demetrio Méndez Curiel (cláusula cuarta): «Á morte da súa herdeira, María del Carmen Fernández-Cervera González, de todos os bens que tivese adquirido por herdanza do testador, e que non dispuxese deles por actos inter vivos, sucederán, como legatarios de residuo, por iguais partes, os seus irmáns Consuelo, Constantino, Carmen, Candelaria, Celso e Celia Candeira Pérez e, en representación dos que premorran, os seus respectivos descendentes, dándose noutro caso o dereito de acrecer entre si»;

c) Declárase a nulidade do legado ordenado sobre o devandito predio por María del Carmen Fernández-Cervera González na cláusula terceira do seu testamento en canto á metade indivisa que adquiriu por herdanza do seu esposo;

d) Declárase a nulidade da escritura de entrega dese legado, outorgada o 27 de abril de 2004 ante o notario de Vigo José María Rueda Pérez, baixo o nº 838 do seu protocolo, en canto á metade indivisa que pertenceu a María del Carmen Fernández-Cervera González por herdanza do seu esposo;

e) Acórdase a cancelación parcial da inscrición quinta do predio 2.705-N no tomo 1.050, libro 120, folio 74, concello da Guarda, do Rexistro da Propiedade de Tui, debendo cancelarse a devandita inscrición en canto á metade indivisa que pertencera a María del Carmen Fernández-Cervera González por herdanza do seu esposo, afectando a cancelación a María del Pilar Candeira Fernández de Araoz, en canto a unha cuarta do predio, e ás señoras López Candeira en canto a unha cuarta parte do predio.

3. En canto á metade indivisa que María del Carmen Fernández-Cervera González adquiriu por herdanza do seu esposo sobre o predio: vivenda dereita situada no relanzo da escaleira, da casa número 11, hoxe nº 9, da rúa Colón, da cidade de Vigo, situada no piso cuarto de vivendas:

a) Declárase a nulidade do legado ordenado sobre o devandito predio por María del Carmen Fernández-Cervera González na cláusula segunda do seu testamento en canto á metade indivisa adquirida por herdanza do seu esposo;

b) Declárase a nulidade da escritura de entrega de legado outorgada o 27 de febreiro de 2004 ante o notario de Vigo José Antonio Somoza Sánchez, baixo o nº 492 do seu protocolo, en canto á metade indivisa que pertenceu a María del Carmen Fernández-Cervera González por herdanza do seu esposo.

4. En relación coa terceira parte indivisa que María del Carmen Fernández-Cervera González adquiriu por herdanza do seu esposo sobre o terreo: «Predio denominado El Castro», termo municipal de Ponteareas, parroquia de Celeiros, Cabeceira de Monte: declárase nula a inclusión na escritura de herdanza de María del Carmen Fernández-Cervera González da citada participación, declarando nula e sen efecto a adxudicación que da devandita participación se fai a favor de Javier Pablo Candeira Fernández de Araoz e dos señores Romero Doral na escritura outorgada o 27 de abril de 2004 ante o notario de Vigo José María Rueda Pérez baixo o nº 834 do seu protocolo.

5. Condeno a todos os demandados a estar e pasar polas anteditas declaracións, a cesar na posesión que respectivamente manteñan sobre os bens de litis e a poñer estes á disposición dos demandantes e demais persoas con dereito a eles en virtude do legado de residuo ordenado por Carlos Candeira Pérez no seu testamento.

6. Respecto dos demandados achandados e en situación procesual de rebeldía non se fai especial imposición das custas deste procedemento. Impóñense as custas do procedemento á demandada Isabel Candeira Zugaza.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se interpoñerá ante este xulgado no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E encontrándose o demando, Javier Constantino Candiera Zuaga, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 25 de marzo de 2014