Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 12 de xuño de 2014 Páx. 26742

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (675/2011).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 675/2011 IP.

Xulgado de orixe/autos: demanda 29/2010, Xulgado do Social número 3 de Pontevedra.

Recorrentes: Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Galega de Accidentes de Traballo.

Avogado: Luis Esteban Leyenda Martínez.

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, SB Industrial y Comercial, S.L., José Antonio Castro Maquieira.

Avogado: Celestino Barros Pena.

Procuradora: Ana María Tejelo Núñez.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 675/2011 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social e Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, SB Industrial y Comercial, S.L. e José Antonio Castro Maquieira, sobre accidente de grao, ditouse a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación.

Secretaria: María Socorro Bazarra Varela.

A Coruña, 16 de outubro de 2013.

Tense por emendado o defecto de falta de aboamento das taxas xudiciais e, en consecuencia, por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina presentado o 6.9.2013 polo letrado Celestino Barros Pena, en representación de José Antonio Castro Maquieira. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala, emprácense as demais partes para que comparezan por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achegando copias do devandito escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da devandita sala, debendo acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións.

Verificado, remítanse as actuacións ao devandito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 3 de Pontevedra que a resolución desta sala foi impugnada en casación para unificación de doutrina.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que contra esta resolución non cabe recurso ningún.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de outubro de 2013

A secretaria xudicial