Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 12 de xuño de 2014 Páx. 26741

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 16 de maio de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, polo que se procede a darlle publicidade á Resolución ST 1/2014 da mesma data pola que se convoca, para vinculación temporal mediante nomeamento de interinidade, por concurso de méritos, unha praza de facultativo especialista da Área de Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo.

A Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 168/2010, do 7 de outubro (DOG núm. 199, do 15 de outubro), polo que se regula a estrutura organizativa de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, resolve proceder ao anuncio da convocatoria para a vinculación temporal mediante nomeamento de interinidade, por concurso de méritos, dunha praza de facultativo especialista da Área de Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo.

A citada convocatoria estará exposta nos taboleiros de anuncios das oficinas da Dirección de Recursos Humanos de Xestión Integrada de Vigo e na páxina web do Servizo Galego de Saúde.

As solicitudes poderán presentarse nos rexistros de Xestión Integrada de Vigo no prazo de quince días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 16 de maio de 2014

Mario González González
Xerente de Xestión Integrada de Vigo