Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 12 de xuño de 2014 Páx. 26759

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (149/2014).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 149/2014 por instancia de María Candela Pardo Pereira contra a empresa Tercera Edad Servicios del Norte, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza en data 15 de maio de 2014, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decisión

Estímase a demanda formulada por María Candela Pardo Pereira fronte a Tercera Edad Servicios del Norte, S.A., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado por Tercera Edad Servicios del Norte, S.A. á demandante.

– Condénase a Tercera Edad Servicios del Norte, S.A. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 2.586,10 euros, determinando o aboamento da dita indemnización a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación que desde a data do despedimento ata a presente importan 6.347,70 euros, aos cales deberán engadirse os que se devindiquen ata a súa notificación a razón de 47,02 euros diarios.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Tercera Edad Servicios del Norte, S.A., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 22 de maio de 2014

A secretaria xudicial