Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 12 de xuño de 2014 Páx. 26758

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (94/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 94/2012 por instancia de Iván Seijas Souto contra a empresa Percoplast, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza en data 13 de maio de 2014, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decisión:

Estímase a demanda formulada por Iván Seijas Souto fronte á empresa Percoplast, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Percoplast, S.L. a aboarlle ao demandante a cantidade de doce mil cincocentos setenta e seis euros con noventa e nove céntimos de euro (12.576,99 euros).

Notifíqueselles a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Percoplast, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 22 de maio de 2014

O secretario xudicial